Badaladas en Santa Cristina de Fecha

26 Outubro 2009

Estas son as campás de Sta Cristina de Fecha, unha parroquia de Santiago de Compostela:
fachada

Se queres coñecer o seu agradable son, fai un clic:

As badaladas de Xulacasa

22 Outubro 2009

Aquí podemos escoitar a badaladas que se tocan xusto cando comeza a misa nunha aldea próxima a Santiago

As badaladas de Meira

21 Outubro 2009

Nesta anotación podemos escoitar as campás da igrexa de Meira, en Moaña

O son do meu pobo

9 Setembro 2009

Queremos invitarvos a que sexades parte deste proxecto e enviedes as fotos e os sons das vosas campás xa que unha das principais motivacións desta bitácora e que todos participemos no seu crecemento.

Para facelo envia foto e arquivo de mp3 a:

badaladasgalegas@gmail.com

Se tes algunha dúbida de como facer a foto, grabar o son e/ou envialo por correo electrónico ponte en contacto co Centro de Dinamización da Sociedade da Información máis próximo.

Para que vos animedes aquí tedes un exemplo dunha campá e o seu son recollidos do Banco de Imágenes y Sonidos do Instituto Superior de Formación y Recursos en Red para el Profesorado):

Campana

Ao son dunha badalada

«- Avó, que é o que máis recordas de cando eras neno?

- O son das campás…»

Esta é a conversa que escoitei onte camiño ao traballo, entón púxenme a pensar cando fora a última vez que me parei a escoitar o repicar das campás, case non me lembraba…

Imos paseando e escoitamos motores, berros, semáforos, pisadas, móbiles, música…. e poucas veces oimos as vibracións dunha campá, ben porque xa non sonan ou ben porque non temos un segundo para desfrutar do seu cantar.

As badaladas son parte do noso patrimonio sonoro que durante anos avisaban de acontecementos sociais, relixiosos e de perigos.  Pero día a día a súa voz vaise apagando en prol de novas formas de comunicación.

Como aparece recollido na páxina de escoitar.org «os sons son materias non renovables e o feito de capturalos e expoñelos supón un alongamento da sua vida,  xenerando novos espazos vivos e mutantes.  Percibir, comprender e concebir a nosa identidade sonora, a dos nosos lugares, a sua coherencia e a sua idiosincrasia é un exercicio necesario e saudable«.

Debido a esto decidimos facerlle un pequeno homenaxe ás badaladas.  E así nace esta bitácora na que a tradición e a innovación se unen nun mesmo obxectivo.

Olark Livehelp